13.12.12

“Os fíos”, de Xurxo Sierra



 “OS FIOS”

Onte, 5 de Decembro, coma sempre mércores, tivemos o segundo encontro no que vai de curso, no “Vaidelibros”.

O libro suxerido foi “Os fíos”, de Xurxo Sierra, unha novela que sen querer ser novela (gañou o concurso de relatos curtos de Repsol no 2010), deu para falar coma se fosen tres novelas…

Pertrechados tras os nosos “bocatas” e enriba das mesas un agasallo de Nadal (turróns, galletas, cafés, tés e herbas varias), fomos debullando o que nos pareceu a obra.

Coma sempre  a favor e en contra.


O primeiriño de todo foi falar de coma fora a orde na lectura, porque o autor invítanos a que leamos os tres capítulos comezando por onde nos dea a gana e así foi, cada quen comezou por onde quixo. A maioría preferiu facelo cronoloxicamente .

Destacouse que era un libro doado de ler, ben escrito, e que deixa aos lectores a posibilidade de ir construíndo ao redor deses fíos que unen os tres relatos.

Pola contra: demasiado aberto, incrible, sen moito sentido…


No que si estivemos tod@s de acordo foi na presenza do azar como fío condutor:

No primeiro relato o azar fai que os protagonistas se citen nun hoteliño rural que troca as súas vidas.
No segundo a protagonista por azar ten unha escopeta e, por azar,mata a unha persoa…No terceiro o azar da coas costas dun xoieiro no cárcere…


A discusión seguiu por se era lóxico ou non o que o autor nos propoñía, das contradicións dos personaxes, dos seus comportamentos por veces inexplicables.
Sen darnos de conta e, coma sempre, debullando, debullando, foron aparecendo os graos que fixeron que sairamos cheos de lectura. ¡¡COMA SEMPRE!!
 

No hay comentarios: