Como vén sendo tradición na proximidade da fin do curso, celebramos en Rodeira unha outra sesión da Feira do Troco.
Este ano xuntamos uns setenta libros que foron traendo profes e alumnado para depois escoller de entre eles o que máis apetecía a cada quen. Mesmo houbo un libro que foi requerido por dous profes á vez e, antes de chegarmos a unha solución salomónica (que duro sería marchar para a casa con só a metade do libro), houbo boa vontade e compañeirismo: Manuel cedeu e Pepe levou o libro (confiamos en que corresponda á xenerosidade do compañeiro e este poida lelo tamén).
Un ano máis gozamos dunha xornada moi agradable (non faltaron de novo as rosquillas da festa) na que o libro e o bo ambiente foron os protagonistas.
1 comentario:
Todo un éxito a feira do troco, moitos libros, algúns moi interesantes e "disputados" e as lambetadas tamén axudan
Publicar un comentario