7.6.12

Rodeira no Correlingua

O 14 de Maio tivo lugar en Moaña unha carreira pola lingua que se celebra todos os anos. O alumnado de 2º de ESO do noso centro acudiu para actuar como monitores en sesión de conta contos, e tamén axudaron aos rapaces a pintar e xogar pola defensa da nosa lingua. No remate das diversas actividades bailamos ao son de bailes populares do grupo "Pesdelán", como o xogo da carrasquiña, a cirigoça, o pingacho, ou o garutinho. Foi unha moi boa experiencia compartida con todo o alumnado do Morrazo.

!º e 2º ESO no Correlingua 2012


Nazareth Santos e Belén Rodal - 2º ESO

No hay comentarios: