12.6.12

Un ano máis, Feira do Troco

Como vén sendo tradición na proximidade da fin do curso, celebramos en Rodeira  unha outra sesión da Feira do Troco.


Este ano xuntamos uns setenta  libros que foron traendo profes e alumnado para depois escoller de entre eles o que máis apetecía a cada quen. Mesmo houbo un libro que foi requerido por dous profes á vez e, antes de chegarmos a unha solución salomónica (que duro sería marchar para a casa con só a metade do libro), houbo boa vontade e compañeirismo: Manuel cedeu e Pepe levou o libro (confiamos en que corresponda á xenerosidade do compañeiro e este poida lelo tamén).

Un ano máis gozamos dunha xornada moi agradable (non faltaron de novo as rosquillas da festa) na que o libro e o bo ambiente foron os protagonistas.

1 comentario:

Esperanza dijo...

Todo un éxito a feira do troco, moitos libros, algúns moi interesantes e "disputados" e as lambetadas tamén axudan