31.5.12

Contacontos nos coles de Cangas

Aínda que cun pouquiño de retraso, non queriamos que se nos pasase no blog a actividade tan bonita que realizou o noso alumnado de 2º ESO co alumnado de Primaria dos coles da zona.
A profe organizadora, Bea, déixanos unha pequena reseña a propósito do bonito que é ler e compartir:

Dende ben pequenos gozamos cos contos, gústanos contar e que nos conten. Así o demostraron hoxe os alumnos e alumnas de 2º de ESO  de Rodeira acudindo aos centros de infantil para compartir con eles unha sesión de contacontos.

Os máis pequenos riron a cachón coas desgrazas de Lobo feroz, coa inocencia de Croco e mesmo se burlaron do Gato pelado e do Ogro.
Unha vez máis quedou demostrado que os libros conseguen unirnos para gozar de momentos inolvidables, sobre todo tendo como espectadores estes pequenos tan agradecidos.

Parbéns para o noso alumnado e para os pequenos agardando que algún día sexan eles mesmos os que nos conten a mellor das súas historias.     Beatriz Martínez - Profesora de L. Galega.

Agora, unhas pouquiñas fotos de mostra:

Grazas ao alumnado do IES de Rodeira e aos dos coles da Rúa, Nazaré e Coiro por serdes partícipes desta fermosa actividade. Asimesmo, agradecementos ao profesorado organizador e colaborador da actividade. Esperamos que isto teña continuidade.

No hay comentarios: