19.6.12

Despedimos o "Vaidelibros"

O 13 de xuño realizamos a derradeira sesión do "Vaidelibros" do curso 2011/2012. E xa que se trataba dunha sesión especial, a 7º sesión na que falabamos de libros entre comida rápida, café e chocolate, decidimos que tamén a comida fose especial e comemos de restaurante. E si, comemos ben,  pero tamén falamos de libros.  Indignádevos, de S. HESSEL e Algo va mal, de TONY JUDT,  foran os escollidos para a ocasión.
O segundo, pese a ser de lectura optativa, foi lido por bastante xente e algúns que non deran rematado, reserváronse máis tempo para facelo.

Unha vez máis, unha estupenda velada en compañía dos/as amigos/as do club. Contamos xuntarnos de novo á volta do verán. Queda tanto por ler...
Boas vacacións a todos e todas.

1 comentario:

Esperanza dijo...

Moi boa escolla! a destes dous libros xuntos, xa que en certo modo se complementan. Indignánevos formula a progresiva perda dos dereitos acadados despois da 2ª Guerra Mundial na última década, e invítanos a indignarnos para poder actuar. Algo va mal, expón de xeito pormenorizado as distintas causas desta perdas, e indicanos que temos que rexeitar o excesivo individualismo e a busca do beneficio material por enriba de todo, que predomina nestas ultimas décadas.Estupendos