19.6.12

Lendas do Brasil en Cangas

Daiane, ex-alumna do IES de Rodeira, compartiu unha das lendas míticas da súa terra de orixe, Brasil, coa rapazada de 1º da ESO. A actividade deuse no marco da Semana da Multiculturalidade adicada este ano á relación entre Galicia e Brasil
Contoulles a historia do curupira,  un ser fantástico, do folclore popular brasileiro, que vive nas fragas e ten como misión protexer as árbores e os animais, ademais de castigar aqueles que lles fan mal. Descríbese coma un neno de estatura baixa, roxo de pelo e pés do revés para confundir aos cazadores.

Alumnado e Daiane coas profes ao fondo


Alumnado a debuxar o curupira
 Entre que as lendas son sempre moi atractivas e que a rapaza o facía moi ben (sen esquecer o sotaque brasileiro despois de dez anos en Galicia), a xornada resultou estupenda e a calquera dos asistentes lles puido quedar claro o interrelacionadas que están as culturas galega e brasileira que, ante todo, comparten unha lingua irmá.

No hay comentarios: