22.6.12

Letras Galegas 2013



Xa sabemos do autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2013: o actor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Dende a biblio de Rodeira expresamos a nosa alegría pola escolla pois falamos dun home que adicou a súa vida ao mundo do teatro galego, a facer un teatro profesional en Galicia. Un loitador da nosa cultura, vaia! Benvida sexa daquela  a escolla da RAG!
Deixamos un enlace para máis información: http://praza.com/cultura/1333/as-letras-2013-para-vidal-bolano/

Se queredes coñecer a súa obra, na biblio hai exemplares dos seus principais títulos.

No hay comentarios: