7.11.11

O autobús de Paasilinna



A nosa compañeira Rosa González, membro asiduo do Vaidelibros, ofrécenos a súa impresión da sesión primeira deste curso co libro Delicioso suicidio en grupo:

Onte reunímonos para comentar a impresión que nos causou o libro de Arto Paasilinna.
Aínda que a algún non nos acabou de convencer e que houbo algún comentario de non sentir proximidade co relato, foi simpático observar as nosas caras ao rematar: moitos lembrábamos cun sorriso algunha das absurdas situacións desas persoas que, montadas nun autobús, recuperaron as ganas de vivir a vida.

Poderíase dicir que despois de interiorizar o texto o resultado da lectura do libro polo noso “delicioso” grupo, foi unha especie de adaptación dese entorno e desa cultura que nos resultaban tan descoñecidos e que, ao final, conseguimos incorporalos a cada un de nós durante o tempo que durou a xuntanza do club.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estou de acordo co que dis, Rosa. Paasilinna nunca nos deixa de baleiro.