20.11.11

Os de 1º e 2º da ESO xa temos o noso Club de Lectura






Un día ofrecéronnos apuntarnos ó club de lectura de 1º e 2º ESO. Houbo persoas que dixeron que non polo mero feito de perderse un recreo cada 15 días, outros que aceptaron só por comer galletiñas, e o resto porque lles gusta ler. Agora podo dicir que os que non renegamos da proposta fixemos ben!
Nun recreo comentáronnos que libro había que ler: “Mecanoscrito da segunda orixe”, de Manuel de Pedrolo e unha semana máis tarde fixemos unha pequena reunión para comentar como ía o libro e decidimos que en 7 días tiña que estar rematado, e así foi cando ó cabo deses días volvemos a falar sobre o libro.
Houbo opinións e opinións sobre el, que gustou, que era raro, que se triste e que se feliz.
Patricia Molanes, 2º ESO-C

No hay comentarios: