Este ano celebramos o Día das Bibliotecas co lema "Rodeirémonos de libros", agasallo de Carmen, a de Francés.
A actividade que realizamos tiña a mesma finalidade cá do curso anterior, que todos e todas estiveran alí, na biblioteca do seu centro por un tempo. Vimos vídeos de animación á lectura, recordamos as actividades do curso pasado coa montaxe fotográfica de Gemma, a de Ciencias, e participamos do sorteo de... UN LIBRO!!
E coma en calquera festa de aniversario tamén houbo torta de celebración. Pode que a esta altura máis de un ou unha se estean a dar unha panzada de doce en forma de libro.
Feliz Aniversario, biblioteca! E que cumpras moitos máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario