24.6.11

CHEGA O VERÁN! IMOS LER!


Velaí van as PROPOSTAS DE LECTURA do profesorado de Rodeira.
Escolle e mergúllate!

Pepe Tilves recoméndanos:

Némesis, LINDSAY DAVIS. Porque gusta da novela histórica e das aventuras do “detective” Marco Dido Falco, unha especie de Marlowe do século I d.C.

Bea Fresco propón:

Volvendo aos clásicos da literatura española:
Fortunata y Jacinta, PÉREZ GALDÓS

Retomando os clásicos anglosaxóns:
Sentido y sensibilidad, J. AUSTEN : Hai unha daptación cinematográfica de Emma Thompson. Recoméndase igualmente.

Indo á novela do S. XX americana:
En lugar seguro, WALLACE STEGNER ou tamén Ángulo de reposo.

Ou á novela do XX británica:
Amor en clima frío, NANCY MITFORD ou tamén A la caza del amor.

Esperanza Mariño fala de:
Crónica del pájaro que dá cuerda al mundo, HARUKI MURAKAMA. Porque este autor describe moi ben tanto as paisaxes coma os sentimentos. Tamén polo que dá a coñecer Xapón e a súa sociedade.

Cristina Cobas cita:

Travesuras de la niña mala, MARIO V. LLOSA.
Los ojos amarillos de los cocodrilos, KATHERINE PANCOL

Darío Lata escolle:

Hollywood y la mafia, TIM ADLER. Capone, Luciano, Costello… e Sinatra, Marilyn Monroe, Lana Turner,…. E os grandes magnates dos estudos.

Ofelia ofértanos:

Un de agora:
Kafka en la orilla, HARUKI MURAKAMI.
Un dos nosos:
Morning Star, XOSÉ MIRANDA
Un de sempre:
El amor en los tiempos del cólera, G. GARCÍA MÁRQUEZ

Begoña Puime di de ler:

El viaje del elefante, J. SARAMAGO. Porque Saramago ten unha fermosa forma de escribir, case sen puntos e separacións entre as frases. Nesta viaxe todo son ensinanzas e humor.

Ramón Soaxe lémbranos:

Mal de escola, D. PENNAC, porque me axudou a reconciliarme coa miña profesión.


Alba Poses suxire:

Unha lectora fóra do común, ALAN BENNET, porque está chea de humor e ironía cunha raíña británica humanizada por efecto da lectura.

1Q84, HARUKI MURAKAMI, porque empeza sendo unha novela policíaca, co que te obriga a seguir lendo, e acaba achegándose ao xénero fantástico.


Antonio Gigirey decídese por:

Mi familia y otros animales, GERALD DURREL. Inocente e divertida esta pintura das clases adiñeiradas británicas dos anos trinta. Moito humor.

Majo téntanos con:

La montaña mágica, THOMAS MANN. Porque desde que aparece Hans Castorp, primeira páxina, non podes deixar de seguir os seus pasos ata a última, ou número 1000 e algo.

Os Irmandiños, DANIEL CORTEZÓN. Porque tamén co teatro podemos descubrir algo da historia da nosa xente.

A Carolina gustoulle:

Canción de hielo y fuego, GEORGE R.R.MARTIN, porque resulta ideal para evadirse deste tempo cheo de crise, paro,…
Dime quién soy, JULIA NAVARRO, porque te leva ao coñecemento da Historia dun xeito ameno.

A Carlos Rúa dáselle polo teatro:

La gata sobre el tejado de zinz caliente, TENNESSE WILLIAMS . Hai versión en cine de Richard Brooks con Paul Newman e Liz Taylor.
¿Quien teme a Virginia Wolf?, EDWARD ABEE . Hai versión en cine de Mike Nichols con Richard Burton e Liz Taylor.

E mais pola novela hispanoamericana:
Primavera con una esquina rota, MARIO BENEDETTI.

A Violeta gustoulle moito:

Matar a un ruiseñor, HARPER LEE, porque retrata moi ben a sociedade sureña norteamericana dos anos 30. Hai versión cinematográfica de Robert Mulligan con Gregory Peck.

Salvador móstranos un pouco de cada:

Novela do XVIII:
Jacques el fatalista, DENIS DIDEROT, porque hai un pouco de El Lazarilo, de El Quijote, de Borges e Saramago.
Poesía do XX:
Poemas de otros, MARIO BENEDETTI, porque a emoción deste poemario é imborrable.
Ensaio:
La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine, JORDI BALLO E XAVIER PÉREZ, porque é ideal para os que aman a cultura e o cine. Poderán comprobar como o relato clásico-A Odisea- se mantén en películas como Centauros del desierto.

Pilar aposta polo cómic:

Zits, escrita por JERRY SCOTT e ilustrada por JIM BORGMAN, polo humor e a intelixencia coa que están escritos e debuxados.

Bo verán lector a todos e todas!

1 comentario:

Anónimo dijo...

buenos los de juanca