24.6.11

VACACIÓNS, TEMPO DE LER!





Ao alumnado de Rodeira gustáronlles:

Adultos:
O cazador de papaventos, KHALED HOSSEINI.
Sol de inverno, ROSA ANEIROS, porque reflicte a vida e recordos da autora.
Menú de enganos, M. NÚÑEZ SINGALA, porque é moi divertido e fácil de ler.

4º ESO:
A tres metros sobre el cielo, FEDERICO MOCCIA, porque te engancha ata o final.
A esmorga, E. BLANCO AMOR.
A revolta dos animais, GEORGE ORWELL.

3º ESO
Los juegos del hambre , SUZANNE COLLINS, porque engancha, hai acción, amor.Impactante.
Porque é o mellor libro que lin.
Porque aínda que me gusta pouco ler, con este libro gocei moito.
Porque é fantástico para entreterse.
El sueño de Frankie, CORNELIA FUNKE, porque che aprende a ver os problemas de xeito diferente.
Rabia, J.SIERRA I FABRA, porque che ensina a resolver problemas e ver a vida doutro xeito. Porque te podes identificar coa protagonista.
Porque fala da adolescencia

2º ESO
Donde surgen las sombras, C. RUÍZ ZAFÓN, porque me pareceu moi emocionante.
La cruz de El Dorado, CÉSAR MALLORQUÍ, porque é de misterio e aventura.
Cando petan na porta pola noita, X. P. DOCAMPO, porque me gustan as historias de medo.

1º ESO
Cuando Hitler robó el conejo rosa, JUDIT KER, porque fala do que houbo que facer para fuxir dos nazis.
Porque narra feitos reais.
El príncipe de la niebla, C. RUÍZ ZAFÓN, porque ten algo de misterio e é triste
O neno co pixama a raias, JOHN BOYNE, porque é moi bonito e trata dun asunto que aconteceu realmente hai xa tempo. Mellor o libro cá peli.


BO VERÁN E DISFRUTADE DA LECTURA!

No hay comentarios: