
Aínda que a obra foi escollida pensando nun público máis novo cás escollas anteriores, parece que non foi moi boa escolla a xulgar polos comentarios da rapazada. En xeral non lles gustou nada!
Canto aos maiores, tampouco houbo unanimidade: aqueles que gustamos moito da novela e aqueloutros que non disfrutaron por ser unha historia demasiado triste.

Ben, imos ver que pasa con O cazador de papaventos (ou Cometas en el cielo na tradución castelá).
Vémonos mércores, 16 de marzo ás 3 da tarde como vén sendo habitual.
Non esquezas o bocata!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario