28.1.11

Clube de Lectura - El arte de volar

O día 12 de xaneiro, seguindo o calendario previsto, xuntámonos de novo na biblioteca para falarmos de El arte de volar, novela gráfica de Antonio Altarriba con debuxos de Kim.
Contamos desta volta cunha maior presenza de alumnado. A ver se o seu testemuño anima a algún más a participar...


“Unha experiencia positiva, xa que ao reunirse tanta xente a falar sobre un libro determinado, danse a coñecer distintas opinións e puntos de vista. Ademais, se hai algunha parte do libro que cres que entendiches e non foi así, sempre podes comentalo e escoitar as diferentes correccións. Participar neste club paréceme unha maneira de entender mellor o libro”
ALEJANDRO MARTÍNEZ

“O feito de poder falar con outras persoas acerca dun libro fai que te plantees cousas das que non te percataras ao ler o libro ou que pensaches que non eran relevantes. As diferentes opinións axúdanche a entender o verdadeiro significado da lectura. A sesión sobre El arte de volar, foi a primeira á que asistín. Gustoume moito pois aprendín cousas novas, tanto ao ler o libro como escoitando as experiencias dos asistentes.
ANDREA SANTOMÉ

E agora algunhas fotos da sesión:


No hay comentarios: