18.11.10

Comezo do clube de lectura

Comezou o curso e voltou o club de lectura “Vaidelibros” ao IES de Rodeira.

O libro escollido foi Mr. Vértigo, de Paul Auster, que conta como un pillabán chamado Walter Claireborne, despois dunha aprendizaxe dura e mesmo cruel, consegue levitar. É un personaxe que pasa, ao longo da súa vida, por etapas de éxito e por etapas de absoluto fracaso persoal. Ao final chega á conclusión de que, se nos desprendemos do que nos pesa, todos seremos quen de elevarnos do chan.

A forza da historia reside nos personaxes; á parte de Walter, hai outros que teñen una gran intensidade e sen os cales non se entendería o proceso vital do protagonista.
Entre os lectores do Club a opinión máis xeneralizada é que o libro vai perdendo emoción a medida que avanza. Aínda así, cada un fixo una lectura persoal que aportou aos demais unha nova visión da obra.



Unhas 15 persoas asistiron á reunión e, como nota positiva, destacamos a presenza de catro pais/nais-lectores e una alumna-lectora que participaron por primeira vez. Dámoslles a benvida e esperamos que se divertisen compartindo a súa lectura e que se convertan en membros permanentes do club.

A próxima reunión será o 12 de xaneiro ; o libro escollido para comentar é El arte de volar, unha novela gráfica de Antonio Altarriba con ilustracións de Kim. Escollida premio nacional de comic 20010



Lectores, esperámosvos a todos no “Vaidelibros” de Rodeira.

No hay comentarios: