15.3.10

Club de lectura: "El castillo de cristal"

Como todos os meses, a biblioteca do IES de Rodeira convídavos a participar a todos nun libro-forum, que nesta ocasión estará adicado a "El castillo de cristal", de Jeannette Walls. O día escollido é o xoves 25 de marzo ás 11:30, despois da entrega de notas e será, como sempre, na sala de Usos Múltiples.

En "El castillo de cristal", Jeannette Walls cóntanos o seu máis preciado segredo: o da súa familia. O pai, Rex, é un home carismático e entusiasta, que consegue transmitir aos seus fillos a paisón por vivir. Ensínalles Física, Xeoloxía, lles conta historias... pero Rex é alcohólico, e cando está borracho pasa a ser unha persoa destructiva e de pouco fiar. A nai é un espíritu libre, unha pintora moi fachendosa da súa arte que aborrece a idea dunha vida convencional e que non está disposta a asumir a responsabilidade de criar aos seus catro fillos.

A familia Walls é unha familia errante. Viven aquí e alá, e sobreviven como poden. Os nenos aprenden a coidar de si mesmos, a protexerse uns aos outros, e finalmente conseguen sair do círculo infernal no que se converte a familia para marcharse a Nova York. No camiño quedan noites onde durmen ao aire libre en pleno deserto, pobos onde acuden por unha semana á escola e abusos de todo tipo, aínda que tamén atopan a veciños que os axudan.

No hay comentarios: