19.2.10

The Big Bang theory


Esta é unha recomendación para todos os amantes das Series cómicas con contidos un tanto surrealistas. Actualmente emítese en Antena 3 Neox polo serán.
A serie comeza coa chegada de Penny, ao apartamento veciño ao que comparten Leonard e Sheldon, dous físicos, experimental e teórico, respectivamente, que traballan na Universidade de Caltech.
Ambos son brillantes no seu traballo, pero tanto eles como os seus amigos Howard e Raj son representados como uns completos frikis, moi alonxados das inquetudes e problemas da xente común.
A serie contén unha gran cantidade de gags e referencias a principios e teorías físicas auténticas, ainda que son simplificados ao máximo para poder ser entendidos rápidamente pola audiencia que non posea estudios en física, matemáticas ou enxeñería. Tamén aparecen referencias cómicas a series de culto (Star Trek, Star Wars o Battlestar Galactica,X-Men), videoxogos (Halo, Guitar Hero, World of Warcraft e Super Mario 64), e comics (Batman, Superman, Flash). Tamén se fai referencia a redes sociais como Facebook ou Twitter.

No hay comentarios: