9.2.10

Que la ciencia te acompañe


QUE LA CIENCIA TE ACOMPAÑE. Encuentros y desencuentros entre los científicos y el cine. Miguel Barral. 2008.

Entre a ciencia e o cine existe -case desde o fotograma primixenio- unha relación ineludible e íntima, que se fai explícita na denominación dun dos xéneros máis populares, a ciencia-ficción. Pero esta relación ten un reverso tenebroso. Un lado escuro ao que conducen os erros conceptuais ou de contido e de natureza científica que abundan nas películas e que denotan un profundo descoñecemento da cuestión que se está a tratar. Este libro revela e intenta aclarar algúns destes erros científicos agochados nos diálogos das películas. Desde a biblioteca do centro invitámosche a que leas eses diálogos como verdadeiras “adiviñas científicas” que te desafían e que debes tratar de resolver antes de pasar á explicación.

No hay comentarios: