5.2.10

El arte de volar

Outra novidade que podedes atopar na biblioteca é o recente Gañador do Premio Extraordinario Cálamo 2009. O nome deste premio non vos dirá moito, pero daravos unha idea da calidade desta obra, xa que é a primeira vez que este certame de narrativa recae nunha historieta gráfica.

O 4 de maio de 2001 o pai de Antonio Altarriba (o guionista da obra) suicidouse. Dese xeito puña fin a unha vida marcada polo fracaso e a frustración. Do mesmo xeito que outros moitos homes e mulleres do pasado século, intentou construír un mundo máis xusto e a Historia deulle as costas, quixo voar coas ás da ilusión e acabou estrelándose. Da súa man percorremos as penurias da España a principios de século: a guerra civil, o exilio, os campos de concentración, a resistencia contra os alemáns, o mercado negro, a chegada da democracia...

Con este material Antonio Altarriba elabora un guión esgarrador no que, como non podía ser doutro xeito, áchase profundamente implicado. Kim, habitual da revista de humor "El jueves", encárgase de poñelo en imaxes co mellor dos seus estilos. Xuntos constrúen unha historia vibrante na que padecementos e atrocidades non impiden que o amor e o humor ocupen un lugar importante.
Estamos ante un gran fresco da Historia de España pero tamén ante un desapiadado retrato da cobiza humana destinado a converterse en referencia básica da nosa historieta.

No hay comentarios: