4.2.10

As serpes cegas

Presentámosvos un dos últimos comics chegados á biblioteca, e non é un título calquera senón o gañador do Premio Nacional de Cómic 2009 e unha das mellores obras do pasado ano escrita por Felipe Hernández Cava e debuxada por Bartolomé Seguí. O Ministerio de Cultura outorgou por primeira vez este recoñecemento a unha obra editada en Galiza.

Este premio súmase a outros conseguidos anteriormente, como o Premio da Crítica, o Premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión ou o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión. Críticos especializados de medios galegos, estatais e franceses estimaron neste tempo a calidade do debuxo e do guión.

As serpes cegas narra a historia dun emigrante que chega a Nova York no ano 1939 na procura de Ben Koch, un home que incumpriu un pacto. De xeito paralelo vemos como en España, a Guerra Civil está xa perdida para os republicanos, que se ven impotentes para prolongala ata o estalido dunha conflagración europea que modificará o mundo. Todo o universo dos protagonistas está presidido pola urxencia en axustar, durante eses días de abafante verán, as súas contas persoais.

vía Vieiros

No hay comentarios: