14.3.09

¿A quen sacou a lingua Einstein?


O científico alemán regalou ao fotógrafo Arthur Sasse o seu aceno con máis merchandising coa intención de estragar a foto, explica Manuel J. Prieto no seu libro "Curistoria". Era o 14 de marzo de 1951. Einstein cumpría ese día 72 anos. Saía dunha homenaxe cando se topou co acoso de fotógrafos e reporteiros, Arthur Sasse entre eles. Despois de berrar varios "¡abonda xa!", o científico optou por sacar a lingua para botar a perder as fotos. E conseguiu todo o contrario: a icona da xenialidade.


Fonte: El dominical nº 337 (1-3-2009), páxina 22

No hay comentarios: