14.3.09

2ª Edición de simultáneas de xadrez

O vindeiro mércores 1 de abril terá lugar na sala de Usos Múltiples do IES de Rodeira unha nova edición de simultáneas de xadrez. Poderán participar nelas todos os alumnos do centro que así o desexen, sempre que non incumplan as normas do evento. O xogador convidado será o profesor de lingua castelá Salvador Castro Otero.

O número de xogadores estará limitado a 30, así que, se che interesa participar, ¡apúntate xa mesmo na conserxería!

O IES de Rodeira contará coa colaboración do Club Xadrez Bueu, club ao que temos que agradecerlle a súa desinteresada axuda en aspectos tales como, entre outros, a achega do material necesario para que poida participar o maior número posible de alumnos.

As normas máis importantes do evento serán as seguintes:


- As partidas xogaranse o mércores 1 de abril a terceira e cuarta hora na sala de Usos Múltiples.

- Os interesados en participar deberán apuntarse na conserxería antes do mércores 25 de marzo.

- O número de participantes estará limitado a 30. Se o número de solicitantes sobrepasa esa cifra, terán prioridade os alumnos que participaron ATA O FINAL no 1º torneo de xadrez do IES de Rodeira. Os restantes serán elixidos por estrita orde de apuntamento (sempre que non incumpran o resto das normas).

- Todos os participantes deberán ANOTAR as súas partidas. Aqueles que desexen participar e non saiban como facelo poden poñerse en contacto cos profesores de xadrez Jose Manuel González, Juan Carlos Rúa ou David Fernández antes do 25 de marzo para aprender.

- Será imprescindible GARDAR SILENCIO durante as partidas. Os participantes que incumpran esta norma serán expulsados inmediatamente

- O convidado con brancas. O xogador de negras deberá agardar a que o seu adversario ESTEA FRONTE A EL antes de facer o seu movemento.

No hay comentarios: