Outro curso máis quixemos enfeitar a nosa biblioteca para festexar o Nadal. Os alumnos do grupo de biblioteca viñeron axudarnos. Colocamos ademáis un estante con recomendacións lectoras para levar a casa nos días de lecer. Coma sempre, quedou todo moi acolledor e a biblioteca estes días estivo a altura das circunstancias e chea de rapaces apurando os últimos días de exames antes do merecido descanso. O último día disputaron unha partida simultánea de xadrez o profesor Salvador Castro e quince alumnos do centro que presentaron unha forte resistencia. O alumno Adán, de 2º de Bach, logrou unhas meritorias táboas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario