A piragua é una peza teatral de Cándido Pazó, autor e
director de teatro galego. A obra foi estreada polo CDG no ano 2007.
Para a sesión de conversa sobre a obra, contamos coa
presenza do autor ao que convidamos botando man dunha amizade interposta.
Cándido mostrouse en todo momento solícito á nosa invitación e realmente a
sesión foi moi amena, tanto polas intervencións dos asistentes (moitos deles/as,
parte do alumnado) como pola animada conversa do autor.
Una vez máis queremos expresar a nosa gratitude a todos
estes autores/as que se prestan a participar dunha xornada de conversa cos
participantes do noso club de lectura do xeito máis desinteresado.
Nesta ocasión tamén o agradecemento ao profesorado por animar ao alumnado a asistir de xeito participativo, nomeadamente á profesora Alba que ademais fixo as veces de anfitrioa cunha sesión moi ben preparada e dinámica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario