7.10.19

Bo comezo a todos!

Ola a tod@s:

Xa comezamos o novo curso e, coma sempre, arrancamos coas actividades da biblioteca con moitas ganas e ilusión. Xa tivemos a reunión co grupo de biblioteca para poder distribuir as tarefas e a primeira que vai tocar é a do día 24 de Outubro, o día das Bibliotecas Escolares. Para este día temos organizado unha actividade moi chula que despois colgarei no blog e que este ano se centra nas "Bibliotecas Fantásticas do Mundo" e na que participarán tanto os alumnos de 1º da ESO coma os de FP. Xa vos irei contando.


                                   



Temos tamén en marcha os Clubs de Lectura. Contamos este curso con tres diferentes: o Vaidelibros, que é o club de lectura para alumnos de bacharelato, pais e profes, o Beroleo, para todo o alumnado do centro e que está dividido en tres subgrupos (un grupo formado por alumnos de 1º e 2º da ESO, outro polos de 3º e 4º e o último polos de Bacharelato) e por último o Mawari Club, o club de lectura de Manga.
Todos estes clubs están funcionando moi ben e agardamos que este curso participen aínda máis alumnos, pais e profes que o pasado.

Outra actividade que temos pensado desenvolver este trimestre é a do Samaín. Enfeitaremos coma sempre a biblioteca con artigos temáticos de terror e faremos o día 31 de Outubro unha actividade arrepiante na biblioteca que xa colgarei no blog.

Ademáis de todo isto, convidaremos, coma todos os anos, a varios escritores que virán a presentar os seus libros, faremos obradoiros e moitas máis actividades dentro e fora da biblioteca que vos iremos amosando.

Unha aperta a todos e bo comezo de curso.

No hay comentarios: