O venres 26 de abril o noso club de manga desenvolveu outra actividade na biblioteca, un fantástico obradoiro de xaponés impartido polo profesor Eliezer Rajoy.
Os rapaces do club non podían estar máis felices. Despóis dunha charla cultural sobre a cultura nipona, aprendeulles parte dos alfabetos e fixeron prácticas nas que non faltaron as gargalladas e o bo humor. A verdade é que os rapaces quedaron tan encantados que decidimos darlle continuidade a este obradoiro o curso que ven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario