9.5.19

Comic-Con Moaña

Cerca de 20 institutos e amantes da cultura popular xaponesa citáronse na terceira Convención de Cómics de Moaña, que reuniu os días 3 e 4 de Maio mostras de videoxogos, tableiros e anime e, como non podía ser doutro xeito, o noso club de manga tamén estivo alí participando en todas as actividades propostas: unha charla de K-pop ( o xénero musical de Corea do Sur), obradoiros, teatro, videoxogos, un scape room, xogos de mesa, a búsqueda do tesouro, cosplay, anime, un concurso de Pokémon, un concurso de debuxo, batallas de "jugger"  (unha disciplina que combina elementos de rugby e de esgrima)...

Aproveitamos tamén a ocasión para comprar algunhas novidades moi demandadas no mundo do manga xa que varias librarías do Morrazo estiveron presentes e ofreceron a este público tan ávido de novidades coleccións interesantes e accesorios relacionados tanto co anime coma co manga.

A realidade é que a mañá do día 3 fíxose moi curta e algúns rapaces aproveitaron para voltar pola tarde e incluso o día seguinte. Foi todo un pracer poder participar deste evento e pensamos volver a facelo o curso que ven, xa que todos quedamos encantados coa experiencia.










No hay comentarios: