20.5.19

Izan o da saca

Resultado de imagen de Izan o da saca

E chega maio , o mes de Izan o da saca e do encontro co seu autor, Xabier Quiroga.
Podemos dicir que houbo unanimidade e que a lectura desta novela de intriga que fala da presenza  dos nazis en Galicia foi do gusto  de todos os lectores/as do club.
E se o libro gustou (mesmo houbo lectoras que aproveitaron para ler outras novelas de Xabier), non menos foi o encanto que espertou entre os/as asistentes a apaixonada disertación do escritor que nos falou tanto da creación da obra como da repercusión que esta tivo e o agradecida que foron  crítica e  lectores.
Grazas, Xabier Quiroga, polas túas obras, a charla amena e desinteresada e seguiremos lendo e compartindo.






No hay comentarios: