22.5.19

Club de lectura BEROLEO

 O novo club de alumnos , chamado Beroleo está a funcionar dun xeito inesperado para os profes, que non contabamos coa participación masiva dos alumnos que están apuntados.
O departamento de Lingua Castelá, xunto coa biblioteca, decidimos crear este club despois de falar no primeiro trimestre, e puxémolo a funcionar no segundo. A nosa sorpresa foi contar cun número tan grande de rapaces lectores e tivemos que dividilos en tres grupos: os de primeiro e segundo da ESO, os de terceiro e cuarto da ESO e un último grupo formado polos alumnos de primeiro e segundo de BACH. Os libros propostos foron:  "Momo", "El guardián entre el centeno", "Damián", "Hermano Robot", "El baile" e "Sumisión"
A experiencia foi moi positiva e seguiremos os cursos vindeiros con este club que tantas alegrías nos está a dar.











No hay comentarios: