6.5.19

Carlos Negro

 Carlos Negro non defraudou ós nosos rapaces, e a sua charla distendida e animada fixo que os
alumnos disfrutaran moito do seu xeito de transmitir a poesía e de empaparnos dela. Tivemos dous grupos de asistentes. Nun primer momento os rapaces de 1º da ESO participaron moi activamente das actividades propostas e lles falou de moitos libros de poesía, non só del ( Maquinaria, Masculino Singunal )senón tamén doutros poetas xa coñecidos e doutros máis noveles. Posteriormente os rapaces de 4º, aínda que non tan participativos, tiveron a sorte de poder escoitar as súas vivencias e de entender o seu xeito tan particular de contar as cousas. Centrouse con estes rapaces no seu libro "Aplicaciín instantánea". Foi todo un pracer telo entre nós e agardamos que non tarde moito en voltar.









No hay comentarios: