29.4.19

Saída á casa de Valle Inclán

A saída que tivemos o xoves 4 de Abril á casa de Valle Inclán encantou tanto ós profesores coma os alumnos e, a pesar do mal tempo que tivemos, os rapaces gozaron moito da excursión.
A guía explicoulles non só o que xa está publicado sobre Valle senón tamén outros aspectos da súa vida persoal e as súas vivencias que nunca saíron á luz. Ó rematar a visita deixamos ós rapaces dar unha volta pola vila de Vilanova aínda que non puidemos finalmente ir visitar o mirador do monte de Lobeira pola mala climatoloxía que nos acompañou durante todo o traxecto. Aínda así pagou a pena  a visita.






No hay comentarios: