24.3.16

8 de marzo. Día da muller

Xunto co Departamento de Xeografía e Historia, este curso conmemoramos esta data co pase de dous vídeos na biblioteca que falaban da condición de discriminación da muller no ámbito laboral e tamén de como detectar acoso ou mesmo violencia de xénero.
Como xa se fixera noutras ocasións, o alumnado baixou por quendas acompañado polo profesorado para ver os vídeos e, a maiores, propúxoselles que anotasen algunha das frases que lles chamasen a atención do falado nos mesmos coa idea de analizar posteriormente onde está o foco de atención con respecto a estes temas.
Co ánimo de premiar dalgún xeito a participación ofrecimos someter a sorteo as frases recollidas e agasallar con dúas entradas para o cine as gañadoras.
A nosa biblioteca segue apostando por conmemorar de xeito activo toda data que consideremos que pode servir para avanzar no espíritu crítico do noso alumnado.
Grazas ao departamento promotor da actividade e mais a todo o profesorado que participou de maneira activa co seu alumnado.


Os vídeos proxectados foron  "Recursos humanos" (Curtametraxe finalista da X edición do Festival JamesonNotodofilmfest ) e "Querernos bien".




No hay comentarios: