Coas súas obras ten acadado moitos premios, entre eles o Premio Lazarillo (Contos por palabras, 1991) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ( O único que queda é o amor, 2007).
Desta vez Os Papalibros leron Trece anos de Branca ( 1994), obra coa que gañou o Premio Edebé de Literatura Xuvenil e que vai xa pola décimo sexta edición.
Conta a historia de Branca, unha rapaza de trece anos enferma de hepatite que, para pasar o tempo, decide facer un álbum con vellas fotografías que a nai garda nunha caixa. Cada foto ten un efecto evocador e con elas vai lembrando e contándonos distintos episodios da súa vida.
O que máis lles gustou aos lectores foi a orixinalidade da estrutura: vai contando a sús vida a partir de fotos.
Fixemos unha pequena exposición das obras de A. Fernández Paz que temos na nosa biblioteca. Agardamos que se animen a ler algún destes títulos.
Como remate da sesión sorteamos entre o alumnado lector un caderno das Bibliotecas escolares e mais unha entrada de cine.
Mostapha Abidour e David Bernárdez con cadanseu agasallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario