24.11.15

Os Papalibros leron O curioso incidente do can á media noite

O primeiro libro lido neste curso foi O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon, unha novela que acadou un gran éxito entre os lectores de moitos países e diversas linguas. 
O noso alumnado leuno en galego, publicado pola Editoral Rinoceronte.   
                 
                         

Na sesión na que comentaron as súas impresións reflectiuse a diversidade de lectores e de lecturas: algúns puxeron o acento en que foi un libro divertido e nos episodios que lles causaron graza; outros comentaron que lles pareceu un libro de misterio que invitaba a seguir lendo


                 

Algúns, en cambio, opinaron que era difícil por causa das referencias matemáticas e outros interesáronse polas características do protagonista e a relación cos outros pesonaxes do texto; tamén opinaron que lles pareceu unha historia inverosímil...

En fin, tantas lecturas coma lectores!


Como non podía ser doutro xeito, organizamos unha visita á editorial que publica o libro en galego, Rinoceronte, que ten a súa sé na nosa vila. 

Tiñan moita curiosidade por saber como é unha editorial por dentro. O director,  Moisés Barcia, recibiunos, explicoulles o funcionamento da editorial e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os alumnos.

Foi unha actividade que complementou á perfección a lectura deste libro tan singular.

1 comentario:

Majo dijo...

Está moi ben ter presentes as editoriais pois son, en definitiva, as que poñen os libros nas nosas mans.
A seguir lendo, rapazada!