4.6.15

Feira do Troco 2015

Un ano máis cambiamos libros por libros.
A biblioteca de Rodeira, fiel á tradición anual, xuntou os libros que se foron aportando para a feira final do troco.

Este curso a aportación non foi tan numerosa coma nos pasados anos pero aínda así todos aqueles que quixeron cambiar os seus libros por outros puideron facelo no día sinalado. Unha vez máis o ambiente foi tan festivo como a ocasión require e tampouco  faltaron as roscas da festa.





No hay comentarios: