13.4.15

Xornadas Agostiño Entenza 2015: O patrimonio de Cangas

Este curso 2014-2015 as "Xornadas Agostiño Entenza" que organizan  dende o departamento de Xeografía e Historia na memoria do compañeiro falecido, tiveron como tema Cangas e o seu patrimonio.
Unha vez máis a vila de Cangas é obxecto de estudo, traballo e tema de charlas así como motivo para o traballo interdisciplinar de alumnado e profesorado.
A biblioteca ofreceu desta volta o material relacionado co patrimonio de Cangas e púxoo á disposición de toda a comunidade escolar e mais dos asistentes de fóra do centro nunha exposición na entrada.
Parabéns un ano máis para os organizadores e en xeral para toda a comunidade educativa que sempre colabora nesta actividade.
Cartel anunciador das Xornadas elaborado polo Departamento de Plástica



Mostra  da exposición de libros sobre o Patrimonio de Cangas


No hay comentarios: