10.4.15

Enderezo descoñecido de Kressman Taylor no Vaidelibros de abril

Volvemos da Pascua cos deberes feitos: Enderezo descoñecido, de Kressman Taylor está lido para ser comentado por pais, alumnado e profes.
Esta quinta sesión do Vaidelibros foi a de maior asistencia ata o momento pois tivemos a sorte de contar cun grupo xeitoso de alumnos e alumnas  aos que se lles propuxera esta lectura na clase co ánimo de atraer público lector dentre o alumnado para este club.
A sesión foi moi rica en comentarios, suscitou algunha discusión referente á solución final que adopta un dos protagonistas e puxo de manifesto, por riba de todo, a tremenda situación de horror,  medo e perda de valores que supuxo o nazismo e que supoñen todas as ideoloxías fundamentalistas.
Unha vez máis, cada lectura individual enriqueceuse con cada unha das outras lecturas.



No hay comentarios: