10.3.15

8 de marzo. Día mundial da muller traballadora.

Este ano celebramos o Día da Muller Traballadora na nosa biblioteca facendo acopio do material feito por mulleres ou adicado a elas.
A novidade está en que foi o alumnado de FP básica o encargado de preparar a exposición que agora loce na entrada da biblioteca.
O traballo realizouse por grupos: un, encargado de localizar libros e pelis nas estanterías, outro,  na elaboración dos carteis con imaxe e texto e outro,  pescudando no catálogo da rede de bibliotecas a localización de libros que tiñan nunha lista feita de cursos anteriores.

E velaquí o resultado:






A biblioteca de Rodeira aposta pola IGUALDADE.
Todos os días son 8 de marzo.



No hay comentarios: