25.2.15

Día de Rosalía


O 24 de febreiro celebramos no instituto o Día de Rosalía con diferentes actividades:
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística promoveuse a gravación dun vídeo co lema "Eu son Rosalía". Ademais realizouse un amplo panel que recollía testemuños de alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa a propósito do mesmo lema.



Dende a biblioteca, amenizamos a xornada coa audición do disco Rosalía pequeniña, de Uxía,

            

 e mais expuxemos os libros da autora e sobre a autora que temos na biblio.


Un ano máis, Rosalía de Castro foi recordada, lida e  celebrada. Contamos con que así siga sendo.

No IES de RODEIRA, SOMOS ROSALÍA

No hay comentarios: