13.10.14

Os Papalibros entran en acción

Os Papalibros iniciaron o luns a súa andaina neste novo curso. Foron polas aulas de 1º e 2º de ESO para mostrarlles aos seus compañeiros/as as actividades realizadas o curso pasado co ánimo de gañar novos membros para o club.
Tamén se reuniron con Alba na nova aula da que dispoñen este curso por xentileza de Rafa, o profe que imparte clases neste espazo, para dar comezo ás actividades semanais dos recreos.

Dende a biblioteca animámosvos a participar da festa da lectura que ten momentos para todo: a lectura individual, en grupo, as risas compartidas, o xogo, a música,...
Vémonos  o mércores, 12 de novembro para falar de As cousas claras, de Xosé A. Neira Cruz e o xoves, 13 de novembro para falar de A noite da raíña Berenguela, do mesmo autor. Pensamos que en breve poderemos telo con nós, aquí, na nosa biblioteca,  para facermos unha charla-xantar.

Ánimo e a participar!

No hay comentarios: