Neste 24 de outubro de 2014 celebramos o noso día coa presentación do cartel "Abrindo portas" elaborado por Gemma (a nosa carteleira oficial) e coa baixada á biblioteca por quendas para mostrar a todos e todas (incluído o profesorado) o acceso ao catálogo da nosa biblio a través da rede. E, tamén coma sempre, a festa non rematou sen agasallos: un libro ou película por sorteo a cada grupo dos participantes.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP básica que botou unha man coas fotos, o manexo do ordenador e os sorteos.
E como estamos de "aniversario Mafalda", que mellor que estas viñetas para ilustrar o noso post.

E agora, algunhas fotos da sesión
Mostrando a páxina web da rede de bibliotecas escolares
Alumnado de FP básica botando unha man durante a actividade
Un dos alumnos gañadores do sorteo
No hay comentarios:
Publicar un comentario