4.5.14

Xornadas Agostiño Entenza

O Departamento de Xeografía e Historia, fiel á homenaxe anual ao noso compañeiro Agostiño, vén de celebrar as IV Xornadas Agostiño Entenza, este ano adicadas á muller de Cangas: Cangas en feminino.
Un ano máis, o interese das xornadas e o traballo desenvolvido para a súa celebración merecen todos os nosos parabéns.
A biblioteca do IES de Rodeira aportou a súa modesta colaboración cunha pequena exposición de libros entre os que figura a novidade de Xerais, A voz do vento, de Pemón Bouzas, que novela a figura de María Soliña, veciña da vila de Cangas no século XVII e é xulgada pola Santa Inquisición en Compostela.
                                                         Presentación das Xornadas
Mesa redonda "Mulleres emprendedoras"

                                                  Exposición libros e películas

1 comentario:

Esperanza dijo...

Si, un ano máis pescudando na Historia de Cangas, tratando de achegar ao alumnado ao coñecemento do seu entorno máis próximo.
Grazas ao equipo da biblioteca por a súa colaboración e sobre todo a Majo.