8.5.14

A viaxe de Baldassare no" Vaidelibros" de abril

O venres, 30 de abril, derradeiro día do mes do libro, xuntámonos na biblioteca para falar de A viaxe de Baldassare, de Amin Maalouf.
Eramos poucos... Porén, coma sempre, foi un encontro agradable e proveitoso, algúns xulgaban benevolentemente e outros, máis estritos, salientaban que Maalouf malgastara unha espléndida oportunidade para facer unha obra realmente brillante. 
Con todo, a prosa áxil e elegante e a ollada por unha época e uns lugares descoñecidos seduciron a maioría dos lectores.
                                                                                                Carlos Rúa





No hay comentarios: