5.6.13

Os Papalibros falan de O clan da loba



O 30 de maio os Papalibros reunímonos para falar do fantástico libro O clan da loba de Maite Carranza.

A case todos os participantes lles gustou, aínda que a algúns lles custou entender o principio e a outros lles pareceu pouco entretido.
 


Conta a historia de Anaid, unha nena que vai ter un papel decisivo no enfrontamento entre dous clans de bruxas.


Se lestes O clan da loba e queredes seguir as aventuras de Anaid, podedes facelo en O deserto de xeo e A maldición de Odi, todos publicados pola editorial Rodeira.




Este texto foi escrito por Pablo Gayo e Julio Ortega, de 1º ESO B


1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitas gracias pola recomendación. O libro parece moi interesante.
Ánimo Papalibros!
A seguir así.