11.10.12

Fecimo coas bibliotecas escolares

Grazas á xentileza de FECIMO, xa tedes na biblioteca do centro a
súa  nova publicación sobre o Morrazo.




 
É un fermoso libro de fotografí­as  e textos de diferentes ritmos e rexistros que conxugan o rigor  cientí­fico coa emoción e a sensibilidade ante a paisaxe.

O libro  diví­dese en dous grandes apartados: Da man da natureza
achéganos  algunhas das marabillas naturais; Da man da humanidade, o
legado dos  nosos devanceiros.

Coordinado polo noso compañeiro Salvador Castro Otero, os seus autores son: Manuel Aldao Portas, Salvador Castro Otero, Soledad Castro Soliño, Roberto García Couso, Sara Elena González Crespo, Sonia Valladares Rodríguez e Carlos Villanueva Domínguez.


Os nosos parabéns a FECIMO polo seu compromiso coa posta en valor da
nosa comarca e o noso agradecemento pola súa xenerosidade coas
bibliotecas escolares.

No hay comentarios: