7.5.12

II Xornadas "Agostiño Entenza"

Un ano máis mantense vivo o compromiso de lembrar cunhas xornadas ao noso finado compañeiro Agostiño Entenza. Se no cabodano o recordo veu polo mar, este ano, segundo do seu pasamento, veu polas pedras e pola terra dos antergos: “Patrimonio Arqueolóxico de Cangas”. Se o pasado ano o nivel das xornadas foi moi bo, este ano o nivel, cando menos, mantívose. Tanto as actividades do alumnado (guiados polo profesorado) como as exposicións importadas e as charlas de xente de recoñecido prestixio no campo do noso patrimonio arqueolóxico foron dunha alta calidade e só podemos dar os parabéns ao Departamento de Xeografía e Historia que un ano máis se implicou a fondo en manter viva a memoria do seu/noso compañeiro.

Deixamos unha pequena mostra do que foron estas xornadas.




No hay comentarios: