1.5.12

Ana Gómez fálanos de A illa do tesouro

Na reunión todos coincidimos que este era un libro un pouco pesado de ler pero que merece a pena facelo xa que é un dos clásicos da literatura infantil e xuvenil.

O libro trata dunha típica historia de piratas. Os protagonistas vense metidos nun monte de historias trepidantes, perigosas e moi interesantes. Temos un cociñeiro que traiciona ao resto da tripulación co que se forman dous bandos: os corsarios e os leais. Despois de moitos enfrontamentos, batallas e penurias, os leais regresan a bordo da Hispaniola co tesouro e a pouca tripulación que quedou.
Se queredes saber como remata a historia, como conseguiron o tesouro e o mal que o pasaron, dende o noso Club de Lectura recomendámosvos que leades o libro.
Ana López Gallego, 2º ESO-A

Queremos tamén mostrarvos un vídeo dunha das moitas versións cinematográficas desta obra.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

HOLA

Anónimo dijo...

hola

arantxa dijo...

Paréceme un gran libro clásico e que se estenda polos mozos. MOI BEN.
Irene Iglesias González.1A eso.