2.5.12

23 de abril na biblio de Rodeira



Este ano chegounos o 23 de abril case sen sentir. Pero malia collernos algo desprevenidos, acordamos celebrar tan sinalada data cun sorteo  entre aqueles/as  que levasen en préstamo un libro (do 23 ao 25 de abril) e que deixasen constancia de cal era o seu libro favorito.  Os premiados foron Dani León e  Xairo Mariño , de 3º ESO,  e Ingrid Oprea , de 2º bacharelato,  e o premio,  unha entrada para o cine.
En breve, faremos unha exposición con eses libros escollidos como favoritos.
Aínda estades a tempo de indicarnos cal é o voso!

Carlos Sequeiros foi a  "man inocente" no sorteo


No hay comentarios: