8.3.12

Día da muller



Aínda sendo dos que pensamos que o día da muller son todos os días do ano ou que todos os días do ano son 8 de marzo, non nos resistimos a facer a nosa homenaxe á muller en xeral e á muller escritora en particular. Así aireamos eses libros que foron escritos por mulleres de todo o mundo ou ben aqueloutros que falan delas. É difícil resistirse cando o que manexamos son obras de Rosalía, Duras, Luz Pozo, Karen Blixen, Christine Nöstlinger,... ou cando falamos de Madame Bovary ou Jane Eyre, Anna Karenina ou Electra, personaxes femininos que forman parte mesmo das nosas vidas. E como tamén o cine deu historias inesquecibles protagonizadas por mulleres, Dos mujeres, Te doy mis ojos,Solas..., estas tamén figuran na nosa exposición. Aproveitamos ademais para facer unha revisión dos nosos fondos e decatármonos de que nos faltan pelis dirixidas por mulleres. E é que hai moi boa directora de cine. Trataremos de ir enchendo este baleiro!

No hay comentarios: